Monday 29 de April de 2024

Ortigueira será unha das sedes dos talleres de prevención de riscos laborais para o persoal de atención directa a persoas con dependencia


• A formación realizarase no mes de outubro de forma presencial e inclúese no Plan de Actividades 2021 do ISSGA.

O Concello de Ortigueira foi elixido polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia ( ISSGA) como unha das sedes dos seus talleres de prevención de riscos laborais para o persoal traballador de atención directa a persoas con dependencia.

Esta acción formativa, que se impartirá de forma presencial no mes de outubro, inclúese no Plan de Actividades 2021 do ISSGA e está destinada a persoas maiores de idade interesadas na actividade de atención a persoas con dependencia, tendo prioridade na selección aquelas con vinculación laboral e/ou formación na materia.

En canto váianse coñecendo máis detalles o Concello de Ortigueira informará do proceso de inscrición, as prazas habilitadas polo ISSGA e o lugar onde se desenvolverá o taller.